Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

lecer

O devalar no tempo despois do traballo: paseos, festas, romarías, xogos, deportes e actividades de lecer das xentes de San Sadurniño: bares e tabernas, cinema creador@s, deporte, eventos musicais, feiras, festas e romarías, gastronomías, músicas, naturezas, patrimonio, paseos, ríos,teatro, visitantes senlleiros,

Bo nadal!

Marqués de Figueroa, San Sadurniño, 1962

Dende que naceu "Fálame de San Sadurniño" hai tres anos e medio, non deixamos de recibir mostras de agarimo e colaboración dos veciños e veciñas. Superamos as 800 historias publicadas por mais de 250 colaborador@s que aportaron memoria oral, imaxes ou documentos. "Fálame" tivo máis de 100.000 visitas únicas e achegámonos ás 600.000 páxinas vistas. Moitas grazas a tod@s por seguirnos.

A tod@s moita sorte e Bo ano.¡

Nesta imaxe cedida por Puri, -filla de Generoso Prieto Rico- e Rosana podemos ver a Generoso e Parada no 1962 levando no carro un gran abeto, que se colocaba todos os anos na praza do Concello como árbore de Nadal.

Bo nadal!

Comentarios

Máis imaxes

Temas: lecer, San Sadurniño (parroquia), xente

Compartir en: