Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

"As landras"

Igrexafeita, 2019

6ª Chanfaina Lab (21). Estrea: sábado 4 de abril do 2020
Guión e dirección: Ana Lamas
Axte dirección: Birtukan
Fotografía: Gabriel Tizón
Edición: Fran Bermúdez
Voz en off: Elvia
Sinopse:"Conto infantil de imaxe fixa interpretado por bonecos feitos con froito de carballos e aciñeiras vivindo unha aventura na que se enfrontan ás invasións de eucalipto."
Duración: 2´ 47"
Gravada en Igrexafeita dentro do programa da 6ª Chanfainalab


Ana Lamas, (Igrexafeita, 1969) é unha veciña de Igrexafeita que dende moi cativa tivo a teima de facer cousas coas mans. Sempre di "o que non vale para nada é o que me gusta". Co devalar do tempo foi desenvolvendo outras afeccións como a fotografía, a escrita, pero sobre todo argallar iniciativas e proxectos para mellorar a vida da comunidade. Está considerada como unha das máis relevantes expertas e cociñeiras da chanfaina. Despois de traballar uns anos de forma profesional cultivando a horta, quedouse con ela para autoabastecemento, e comezou unha andaina na artesanía hai xa catro anos co proxecto das Lolas da cascarilla, traballando coa materia prima das follas de millo. A súa iniciativa xa foi louvada varias veces en diferentes medios de comunicación. De feito, unha das súas creacións, - a Lola chanfaineira- é a imaxe e galardón que se lle outorga aos cineastas participantes na Chanfainalab. Este ano animouse e participou por vez primeira na Chafainalab como cineasta.

Como xoga en casa, Ana só tivo que deixarse levar pola imaxinación para topar co fío da súa peza: "Nun paseo pola Pasada da Barra, nunha das poucas fragas que desgraciadamente quedan no noso entorno, atopo unhas landras moi feitiñas. Véñenseme á cabeza, ao velas, unhas figuriñas que un día vin que se facían aló pola República Checa. A casualidade fai que empece -por pura afección- a facer estes bonequiños que lles puxen o nome de "Dubanciños". Fun creando ducias deles, recollendo landras de distintas formas e de distintas procedencias e así foi medrando o seu pequeno universo. Botando a vista arredor dinme conta que a estes pequenos seres, se non lle poñemos remedio, pouco lles queda. A idea final xurdiume pola xenreira que lles teño aos eucaliptos. Para saír en defensa dos carballos. Por iso quería dar a coñecer os bonecos das landras. As dificultades que tiven no proceso de gravación da peza foron máis de pensar en cómo ordenar as esceas e cómo dar a entender o que quería transmitir. Tiven a inestimable axuda de Gabriel Tizón na fotografía e tamén nas ideas de montaxe, que logo levou a cabo Fran Bermúdez, quen elixiu as músicas da peza"

En "As landras" hai unha aposta moi orixinal pola mestizaxe da linguaxe do cómic, coa fotografía e os marabillosos personaxes e pequenos seres que habitan no universo das fragas: "Así nace esta curta, como una pequena achega para axudar a concienciar que a defensa da biodiversidade ten ser algo urxente e necesario. Birtukan e Elvia xa entenderon a mensaxe, elas tiveron a sorte de poder gozar dalgún paseo pola Pasada da Barra e coñecer de preto a eses pequenos seres. O resto dos nenos e nenas deste País tamén son merecedores de saber da súa existencia." Estamos convencidos que así será, porque construír un universo propio, como demostra Ana nesta peza, é un proceso laborioso e complexo; esta novedosa proposta só é o primeiro chanzo dos "dubanciños" que veremos no futuro en diferentes soportes artísticos; a creatividade de Ana seguirá a desenvolverse construíndo mundos singulares que fagan mais conscientes e felices aos seres humanos.
Fotografías de Cesar Galdo

  • "As landras"

  • Ana Lamas na 6º Chanfainalab

  • Ana construíndo o universo de "As landras"

  • Planificación de "As landras"

  • A creadora e o protagonista

  • O mundo de "As landras"

  • Na gravación de "As Landras"

  • Ana e as súas criaturas

  • As "lolas chanfaineiras"

  • "Lolas chanfaineiras" preparadas para a gran gala da 6ª Chanfainalab

  • Ana no xantar da 6ª Chanfainalab

  • Guti e Carmen preparando as "Lolas chanfaineiras"

  • Ana, Abel e Mariluz

  • Ana e o seu editor Fran Bermúdez

  • Ana c@s cineastas da 6º Chanfainalab

  • Ana na estrea mundial de "As landras"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: conflitos, creador@s, Igrexafeita, naturezas, vídeos, Escultura, Chanfaina'Lab

Autor/a: Ana Lamas Picos

Vídeos:
"Chanfaina"

Compartir en: