Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

natureza

San Sadurniño é un paraíso natural. Os miradoiros naturais da Serra de Forgoselo, brava área natural protexida pola Rede Natura 2000; A pena do Rei Mouro, un dos meirandes conglomerados de seixo de Galicia; O Coto Agudo cun absoluto control visual de toda a contorna; o Pico San Vicente, onde se mesturan lenda e historia; os paseos fluviais do Río Xuvia e o río Aceiteiro con máis de 4 km ás beiras do río; O río Castro que destaca polo seu valor natural, ecolóxico e paisaxístico considerado como Lugar de Interese Comunitario; As paisaxes megalíticas, as áreas recreativas das sete parroquias, as máis das 100 fontes do Concello, o arboreto ou a horta de conservación de froitas autóctonas conforman un Concello cun extraordinario patrimonio natural e paisaxístico.

Arboreto de San Sadurniño

A Cortiña, San Sadurniño, 2009

O arboreto galego de San Sadurniño é un xardín botánico adicado á proteccíón e cultivo das árbores autóctonas. Naceu a finais do 2009, co obxectivo de reproducir as sete formacións boscosas mais representativas de Galicia: sobreiral, fraga, teixedal, faial, souto, carballeira e o bosque de ribeira. Situado na finca da Cortiña ao carón da horta de froiteiras, o Apiario, o paseo do Xuvia e o Pazo da marquesa, o Arboreto é un espazo de lecer familiar, onde se celebra -entre outras moitas actividades- a gran Feira Rural anual. Mais, tamén está a incorporar patrimonio escultórico como Pinocho e o Guardián do bosque, moi preto da lenda do pozo dos donceis e da desaparecida "Pérgola".
Trátase polo tanto de garantir a conservación da biodiversidade e o patrimonio vexetal e convertilo tamén nunha especie de aula didáctica ao aire libre. No seu escaso tempo de vida, o Arboreto pasou a convertérense nun referente patrimonial e turístico do concello. Dentro de vinte anos será un espazo natural único en Galicia. No 2017 iniciouse o proxecto de acompañar ás arbores con representacións escultóricas dos principais deuses precristiáns do panteón galego. A primeira foi a deusa Navia.
O xeógrafo Ignacio Fernández explícanos polo miudo as funcións e características do Arboreto.

Todas as historias do Arboreto.

  • Arboreto de San Sadurniño

  • Visitas didácticas

  • Aldea de verán 2014

  • Feira rural

  • Carreira popular 2014

  • Actividades na Feira rural

  • feira rural (2013)

  • Espazo de lecer

  • Xogos tradicionais

load

Documentos:

Arboreto de San Sadurniño

Comentarios

Máis imaxes

Temas: lecer, naturezas, paseos, patrimonios, Pazo da Marquesa, ríos, San Sadurniño (Concello)

Autor/a: Ignacio Fernández López

Compartir en: