Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Alfonso XIII en San Sadurniño (1): 1904

San Sadurniño, 1904

A primera hora da tarde do mércores 27 de xullo de 1904, o rei Alfonso XIII con 18 anos, achegouse a San Sadurniño no "landeau" do industrial Francisco Barcón para visitar o Pazo dos marqueses. O xove monarca viña vestido de xeito informal con cazadora negra e sombreiro de palla. Durante o traxecto dende Ferrol acompañaron ao Rei mais de 50 ciclistas coas bicis adornadas con flores. Foi recibido no Pazo da Marquesa baixo dos acordes da Marcha Real e con bombas de palenque e a corporación municipal en pleno presidida por Antonio Cibreiro entre a aclamación popular por ser o primeiro Rei que visitaba San Sadurniño.
Despois dun "delicado lunch", o rei xogou un partido de tenis no recén construido campo de xogo do Pazo. Xogou un par de partidas contra o Príncipe de Asturias formando equipo co Conde del Puerto e o Duque de Viana. Amenizou a estadía a rondalla “Airiños d'a miña terra". Os xornais galegos debullan polo miudo o programa do xove Rei e o entusiasmo popular desatado en San Sadurniño pola visita real.
A marquesa Natividad Quindós acada o seu obxectivo mais prezado, pois o Rei de España está visita no seu pazo. Alfonso XIII agradecido polas atencións dos marqueses envioulles un agasallo consistente en 12 cervos para repoboar a fraga da marquesa . En 1912 regálalles 96 perdices.
Por esta visita real, o Concello presidido polo conservador Antonio Cibreiro Pérez manifestou a súa satisfacción en sesión municipal de 15 de agosto e de feito, dous anos mais tarde, en 1906, a corporación municipal decide cambiar o nome do Campo da Feira por "Praza dos Duques da Conquista" por "traer al Rey a nuestro pueblo".
Nos documentos adxuntos podes consultar as crónicas xornalísticas da súa estadía en San Sadurniño e Ferrol. Alfonso XIII visitará San Sadurniño de novo en 1909 e 1927.
O cineasta Xacio Baño evocou este tempo na curtametraxe "Solpor"

  • Alfonso XIII en San Sadurniño (1): 1904

  • Alfonso XIII agasalla aos Marqueses de San Sadurniño (6-9-1904)

  • Alfonso XIII no ano da súa coronación en 1902

  • Coro “Airiños d'a miña terra"

  • Alfonso XIII en 1904

load

Documentos:

Alfonso XIII en San Sadurniño (El Correo de Galicia 1904)
Alfonso XIII en Ferrol e San Sadurniño (Gaceta de Galicia 1904)
Alfonso XIII en Ferrol e San Sadurniño (El Norte de Galicia 1904)
Alfonso XIII en Ferrol e San Sadurniño (La voz de Galicia)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: deporte, San Sadurniño (parroquia), Pazo da Marquesa, visitantes, coches, San Sadurniño (Concello), animais

Autor/a: Manuel González Álvarez

Vídeos:
Solpor

Compartir en: