Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

empresas

Negocios, comercios ou empresas que desenvolven ou desenvolveron a súa actividade no Concello de San Sadurniño: bares e tabernas, datos estatísticos, empresas agrogandeiras, empresas da madeira, empresas de servizos, empresas enerxéticas, emprendedor@s, mineiría

“Aí teñen o Carveiral”

O Carveiral, Santa Mariña do Monte, 1971

E xa que estamos de aniversario, non podíamos celebralo mellor que cunha nova historia -a nº 21- escrita por Ramón Díaz Raña, un inquedo crego que deixou fonda pegada en San Sadurniño nos anos do final do franquismo e a transición. Si tedes curiosidade por lelas -e de paso gozar dun rato ben divertido- percibiredes de seguida a súa xenerosidade, bonhomía e as moitas iniciativas que deixaron un ronsel permanente, aínda hoxe vivo, entre as xentes e terras de San Sadurniño. Como xa dixemos noutras ocasións "Ramón era coma un faro que iluminaba a todos".
Hoxe achéganos a historia completa dunha iniciativa agrogandeira pioneira, orientada á produción de carne e leite na parroquia de Santa Mariña do Monte. O relato comeza así:

“Aí teñen o Carveiral”. Como o retrouso dun coro ben ensaiado saíu esta expresión de case todos os reunidos. Estabamos na Golpilleira co noso querido D. Manuel Domínguez. Entre outros asuntos infórmanos que un grupo de empresarios gandeiros da provincia buscan un monte con extensión abondo para establecer unha explotación “válida para los nuevos tiempos”. A resposta dos reunidos foi unánime: “ Aí teñen o Carveiral”. Deu a impresión como que esperabamos a pregunta e tíñamos preparada a resposta....
Seguir lendo a historia completa....

  • “Aí teñen o Carveiral”

  • Convocatoria xuntanza o 24 de outubro de 1971

  • Planimetría de O Carveiral

load

Documentos:

“Aí teñen o Carveiral” por Ramón Díaz Raña

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: emprendedor@s, empresas agrogandeiras, gandeiría, labregos e labregas, Santa Mariña do Monte

Autor/a: Ramón Díaz Raña

Compartir en: