Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

hortas


TEÑO UNHA HORTA EN SAN SADURNIÑO
O proxecto quere difundir e compartir o coñecemento e a experiencia das mulleres en relación cos traballos no campo.
A actividade ponse en marcha no ano 2015 desde a Aula Cemit do concello e une alfabetización dixital e audiovisual coa preservación dos saberes da agricultura tradicional. A través de videotutorias na súa canle de Youtube,"Teño unha horta en San Sadurniño" dan a coñecer as labores agrícolas ensinando trucos e tarefas tradicionais. Neste proxecto participan Consuelo Picos, Cruz Piñón, Lucía Pita, Carmen Couce, Carmen Bouza e Carmen Suárez.
Visita as súas hortas:A horta de Consuelo; A horta de Cruz; A horta de Lucita; A horta de Carmiña; A horta de Maruxa

Abelao a herba milagreira

Naraío, 2017

Lucita ensínanos unha herba milagreira, o abelao, tamén chamado hipérico, hipericón, corazoncillo ou herba de San Xoan.
Ten innumerables propiedades medicinais. Moi usada como cicatrizante e tamén para outras doenzas como: queimaduras, varices, ciática, gastritis, ansiedade, depresión, menopausa, para deixar de fumar, dor de cabeza, inflamación muscular, dor articular... Hypócrates xa recomendaba esta pranta como antiinflamatorio.
Pero ollo... antes de usala consultade co médico/a.
Máis información:
wikipedia
Botánical online



Abelao a herba milagreira

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: Horta de Lucita, Internet, labregos e labregas, Naraío, muller, traballos, vídeos

Autor/a: Lucía Pita Casal

Compartir en: