Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

"A lenda do cego castrexo"

A Esperanza, Santa Mariña, 1

Ao carón da capela da Esperanza, na parroquia de Santa Mariña do Monte, agroma unha fonte de auga milagreira dende o principio dos tempos. Posiblemente fose un lugar de encontro e ritos relixiosos dos moradores de castros veciños como a "Escoitadoira"ou "Castrelo". O culto quizais fose consagrado á unha protectora da fertilidade que ben puidera ser a deusa Navia. No devalar do tempo, o lugar converterase nun espazo social e relixioso de referencia na parroquia, nomeadamente para favorecer e facilitar os embarazos das mulleres que bebían da súa auga máxica.
Baseándose nesa tradición, Irene Beceiro Calvo, estudante de 2º de bacharelato, escribiu este fermoso relato ambientado na meseta de Santa Mariña durante a idade de bronce.
A historia comeza así:
"Ao caer a noitiña, naquela fraga que acompañaba a corredoira que levaba ao castro de Castrelo, escoitábase un murmurio como se da melodía máis fermosa se tratase. Era como un encantamento dunha Deusa que detiña o paso dando a benvida á fraga.
Non había castrexo que non comentara o lecer e acougo que amosaba ao camiñar por onde o murmurio se escoitaba. Ao amencer aquela melodía deixaba de oírse e semellaba un soño, mais cando as estrelas asomaban, o soño envolvía de súpeto, a arborada. O vello camiñaba de volta ao recinto, como outras tantas noites..."

Continuar lendo a historia..
Na fotografía, regato da fonte da Esperanza.

  • "A lenda do cego castrexo"

  • Entorno da Capela da Esperanza

  • O mapa do relato "A lenda do cego castrexo"

load

Documentos:

"A lenda do cego castrexo"

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Capelas, castros, creador@s, fontes, lendas, Santa Mariña do Monte

Autor/a: Irene Beceiro Calvo

Compartir en: