Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

natureza

San Sadurniño é un paraíso natural. Os miradoiros naturais da Serra de Forgoselo, brava área natural protexida pola Rede Natura 2000; A pena do Rei Mouro, un dos meirandes conglomerados de seixo de Galicia; O Coto Agudo cun absoluto control visual de toda a contorna; o Pico San Vicente, onde se mesturan lenda e historia; os paseos fluviais do Río Xuvia e o río Aceiteiro con máis de 4 km ás beiras do río; O río Castro que destaca polo seu valor natural, ecolóxico e paisaxístico considerado como Lugar de Interese Comunitario; As paisaxes megalíticas, as áreas recreativas das sete parroquias, as máis das 100 fontes do Concello, o arboreto ou a horta de conservación de froitas autóctonas conforman un Concello cun extraordinario patrimonio natural e paisaxístico.

A horta de conservación de froitas autóctonas

A Cortina, San Sadurniño, 2014

Nenas e nenos de Aldea de Verán visitaron a horta de conservación de froitas autóctonas en San Sadurniño en xullo de 2014 ao carón do Arboreto. Escoita as impresións dos cativos e cativas sobre o que aprenderon e disfrutaron na visita. O cineasta Miguel Mariño evoca o seu sabor no filme "O tempo da mazá"

  • A horta de conservación de froitas autóctonas

  • Collendo mazás

  • A horta

  • Atendendo ás explicacións

  • Estudando o folleto da horta...

  • Mazá con verme

  • Xogando co verme

  • Pulgón nas follas das maceiras

  • Mariquiña

  • Maceira

  • Ameixas

  • froiteiras

load

Documentos:

Arboreto de San Sadurniño
Folleto da horta de conservación de froitas autóctonas

Comentarios

Máis imaxes

Temas: escola, labregos e labregas, naturezas, nenos e nenas, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (parroquia)

Autor/a: Aldea de Verán

Vídeos:
"O tempo da mazá" de Miguel Mariño

Compartir en: