Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

músicas

San Sadurniño ten unha longa tradición e asentada afección por todo tipo de músicas cancións, eventos musicais, festas e romarias, músicos de San Sadurniño

A fin de "Cantareliña"

San Sadurniño, 1990

Cantareliña foi un innovador evento impulsado por Ramón Díaz Raña, párroco de San Sadurniño e o mítico grupo folk Saraibas. Este certame celebrou oito edicións (entre 1983 e 1990), e consistía na celebración de concertos nas catro provincias galegas protagonizados por grupos de nenos e nenas (a idade máxima eran os doce anos), que interpretaban cancións inéditas en galego. A gala final celebrábase en San Sadurniño.
No verán de 1990 celebrouse a derradeira edición de Cantareliña, en parte polo cansanzo dos seus organizadores, mais tamén pola falla de apoio da "Galicia oficial" daquel tempo. En palabras do seu "impulsor", Ramón Díaz Raña: "se interesaba máis pola festa do cocido, p.e., ou pola rapa das bestas que por Cantareliña.Foron moitas as felicitacións recibidas, os ánimos, a admiración polo que levábamos entre mans, pero ben percibíamos que, se morría a criaturiña, as bágoas non chegaban ao río. Iso nótase. Dá tristura dicilo". Así o escribe neste retraqueiro e fermoso texto. Ademais resulta moi interesante este outro, escrito pola "nena cantareliña" María Yañez sobre aquela experiencia que marcou a infancia d@s participantes. Mira os videos (na parte dereita da pantalla)

  • A fin de "Cantareliña"

  • cantareliña (grupo facebook)

  • Cantareliña 1987

  • Cantareliña 1985

  • Cantareliña 1 (1983) e 2 (1984)

  • Cantareliña e Saraibas (Saturnal,2000)

load

Documentos:

Catálogo de Cantareliña 1985

Comentarios

Máis imaxes

Temas: escola, lecer, música, nenos e nenas, San Sadurniño (parroquia), vídeos, eventos, San Sadurniño (Concello)

Autor/a: Ramón Díaz Raña

Vídeos:
Himno, 1989
Cantareliña 1988. A Pantasma Tom
Promo Cantareliña, 1989
Marramiau 1983
Grupo Picariñas de Ribadavia (88)
Grupo Anaquiño (Francelos) 1988

Compartir en: