Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

A festa da onomástica da Marquesa

San Sadurniño, 1927

A celebración da onomástica da Marquesa, arredor do 8 de setembro, converterase nun ritual que se repetirá ano tras ano dende comezos da década de 1910. Dalgún xeito é un marcador da fin do verán no Val de San Sadurniño e un "plebiscito" de adhesión ao Señorío da Marquesa. Moitos veciños e veciños de idade aínda lembran o que se facía nese día, cando eran nenos: Misa e procesión dende a Igrexa ata a estatua do Sagrado Corazón de Jesús do Pazo, bendecidos polo párroco Daniel Porto; mais logo viña a merenda e agasallos da Marquesa- en forma de xoguetes ou diñeiro- para os nenos trocando vales de catecismo nunha especie de mercadillo de xoguetes. Dise xeito acadaba o favor do público infantil, ademais do agradecemento dos seus pais. Á festa asistían todos cuantos traballaban para a Marquesa ademais dos caseiros, colonos, invitados, curiosos, devotos e os que cobizaban algún favor da todopoderosa Señora do Pazo.
Por outra banda, o verán de 1927 será o primeiro que pasa Natividad Quindós sen a compaña dos seus seres mais queridos, o home e a cuñada e amiga, a Marquesa de Almaguer. Comezou o verán mercando en xullo un novo automóbil, un flamante Ford matrícula 23.553 no que chegou a San Sadurniño a mediados de xullo para participar no acto de colocación primeira pedra do futuro Colexio-residencia das monxas coa asistencia do gobernador civil, alcalde e outras autoridades. Moitos dos seus incondicionais, tamén Grandes de España, decidiron achegarse a San Sadurniño para reconfortala neste verán difícil. En definitiva transmitirlle unha certa sensación de normalidade á "vila da tranquilidade". Entre os moitos que se achegan a San Sadurniño en 1927 están os Señores de Aspe, a filla dos duques de Medina Sidonia, Conde de Maceda, Marquesa de Martorell, Marquesa de Comillas, Vizcondesa de Fefiñanes, o Almirante e capitán do departamento marítimo Emiliano Enriquez Loño, etc...E como colofón á Marquesa supúxolle unha gran ilusión a visita dos seus admirados Reis, Alfonso XIII e Victoria Eugenia o 23 de setembro.
Tamén neste ano a marquesa aportou fondos para facer algúns arranxos da igrexa parroquial do mosteiro.
Na imaxe, traballadoras da Marquesa repartindo agasallos aos nenos.

  • A festa da onomástica da Marquesa

  • Procesión de homenaxe á Marquesa. Pueblo Gallego 23-10-1927

  • A procesión nos xardíns

  • Nenos despois da procesión

  • Procesión polos xardíns do Pazo

  • A festa segundo "El Pueblo gallego" .

  • Feira do catecismo

  • Placa restauración 1927

  • Invitados 1927. 11.09.27. Voz de Galicia. .

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: lecer, nenos e nenas, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (parroquia)

Autor/a: Manuel González Álvarez

Fotógrafo/a: Arquivo municipal de San Sadurniño

Compartir en: