Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

patrimonio

Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,

A deusa Navia do Xuvia

A Cortiña, San Sadurniño, 2017

O 18 de xullo do 2017- festividade de Santa Mariña- inaugurouse a estatua da deusa precristián Navia, que algúns investigadores asocian ao culto a Santa Mariña. A figura de Navia aparece mirando ao solpor cunha man estendida na que porta unha cunca, mentres que aos seus pés vemos a proa dunha barca na que parecen viaxar varias caveiras, que virían representar as ánimas viaxando cara o Alén. Foi esculpida en granito e toelo polo escultor local Carlos García Romero.
A imaxe ven acompañada con versos de Eduardo Pondal extraídos do seu libro "Os Eoas":
“Soñar da longa ruta,
descansando no voso seo
saudoso e brando”.

No acto de presentación, o antropólogo Rafael Quintiá relacionou o culto a Navia,
deidade protectora das augas e da terra, avogosa da fertilidade e incluso barqueira do máis alá, transformada polo cristianismo na nosa Santa Mariña. A santa alaricana ten abondosa representación en San Sadurniño, nomeadamente en Monte coa igrexa de Santa Mariña e a milagreira Capela da Esperanza e na parroquia de Naraío tamén existe unha capela adicada á Santa
A estatua está ubicada nun espazo máxico tamén ateigado de lendas, o Pozo dos donceis, en pleno Arboreto. Na década de 1920 erguíase nese mesmo lugar unha fermosa pérgola, onde a Marquesa Natividad Quindós e os seus selectos invitados facían merendas e pic-nics despois dos paseos dende o Pazo a rentes do río Xuvia.

A deusa, que agora "protexe" as augas do río e aos paseantes, forma parte dun proxecto a longo prazo no lugar de A Cortiña, para formar o "Olimpo galaico", con representacións escultóricas dos principais deuses e deusas do panteón dos habitantes dos castros galegos.
Fotografías de Cesar Galdo

  • A deusa Navia do Xuvia

  • ggg

  • Liorta lll

  • ina

  • pub

  • ac

  • Na inauguración de Navia

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: creador@s, castros, fontes, lendas, muller, naturezas, paseos, patrimonios, San Sadurniño (parroquia), Santa Mariña do Monte, Escultura

Compartir en: