Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"A chamada"

Igrexafeita, 2018

5ª Chanfaina Lab (12). Estrea venres, 3 de maio do 2019.
Dirección cámara e montaxe: Simone Saibene
Son: Amaro Rúa Lago
Colaboradora: Puri Lamas Soto
Sinopse:"Puri Lamas vive en Igrexafeita (San Sadurniño). O seu tempo transcorre na espera dunha chamada."
Duración: 6' 34''
Gravado en Igrexafeita do 31 de agosto ao 2 de setembro do 2018 dentro do programa da 5ª Chanfainalab.


Simone Saibene naceu en Busto Arsizio (Italia) en 1977, mais actualmente vive en Ourense. No 2003, licenciouse con matrícula de honra en Ciencias da Comunicación na Universidade IULM de Milán, coa tese “Para unha xeografía do cine. A rexionalización do cine español: o caso de Galicia”. Asistiu a cursos de teatro, música e fotografía. En 2006 gañou o Premio Artivisive San Fedele (Milán, Italia) coa curtametraxe experimental “Il furto della zucca“, gravado entre Suíza e Italia. Dende o 2006 ata o 2010 traballou como programador e redactor de publicacións na Fundación Cultural San Fedele de Milán. Docente e coordinador de ciclos de cine, xornalista, colabora con varios medios e institucións, entre outros, a revista de cine "Duellanti", o Instituto Cervantes de Milán, a Esap de Porto e o Campus de Ourense. Todos os venres conduce un programa de radio en Onda Cero Ourense dedicado ao cinema chamado Butaca Cero. Formou parte do xurado na VIII Mostra Internacional de Escolas de Cinema de Porto, no 17th Avanca Film Festival e no FICBUEU 2016, entre outros. Dende o 2010 vive en Ourense onde fundou a produtora e distribuidora Noveolas Producciones coa que leva realizadas varias obras, como “9 ondas” ,“Kuti Khanti” ou “Pelegrinaxes”(2017) longametraxe documental con varios premios e recoñecementos nacionais e internacionais. Ademais dos seus filmes distribuíu o documental “Frankenstein-04155” de Aitor Rei, e como produtor está a desenvolver o filme “10/7” de Xoel Méndez. Simone tamén é compositor musical e líder do grupo country grelos western “Os forasteiros”.

O experimentado e inquedo cineasta achegouse a San Sadurniño seguindo o ronsel dunha teima persoal: "Levaba tempo investigando sobre a relación de Galicia coa morte e sobre os oficios funerarios. Hai un ano estiven a piques de gravar unha longametraxe documental en Piñor (Ourense), un pobo que ten como principal economía a fabricación e venta de ataúdes. Fixen lecturas moi inspiradoras como "O enterrador" do poeta Thomas Lynch - a cita do prólogo ven de alí- ou "Da estación do amor ao diálogo coa morte" de Carmelo Lisón Tolosana. Así que pensei que podería tratar o mesmo tema en San Sadurniño. Dise xeito foi como coñecín a Puri Lamas Soto, que vive en Igrexafeita e traballa nunha funeraria de tradición familiar. Pretendín entrar no mundo de Puri discretamente, retratando de forma natural a súa cotidianidade. Compartir o punto de vista dunha persoa que vive agardando por unha chamada telefónica. A morte, como a maioría dos enigmas sen resolver, é imprevisible, igualmente pode xerar rexeitamento ou morbosidade. Ten ademais unha relación moi estreita co cine: “O cine filma a morte traballando”, escribía Jean Cocteau. Intentei conservar o misterio, pero mantendo o respecto e a distancia necesaria para retratar o mundo de Puri. O meu agradecemento máis grande, de feito, vai para ela. Puxo algunha regra, por exemplo nada de primeiros planos, e respectámolo. A película é só en aparencia, silenciosa. Hai un diálogo metafórico importante cos obxectos, os pequenos xestos e o espazo. Ademais o traballo de Amaro Rúa Lago foi meticuloso, todos os elementos sonoros, ata os máis imperceptibles, entran neste filme."

"A chamada" xira sobre o tempo de "espera", unha chamada pode ser telefónica, pero tamén ese derradeiro aviso que nos anuncia a fin do noso tempo vital. Simone adéntrase no mundo funerario sen que sexa o seu tema principal, senón máis ben o devalar do tempo e a incerteza de non saber cando se deterá. Os minutos pasan diante de nós sen artificios, na procura de pequenos xestos e rexistros de obxectos cotiáns. A fatalidade quixo que Simone tivera que gravar dúas veces a súa película, unha durante a fin de semana do Chanfaina e outra varias semanas despois, debido a un problema técnico que lle fixo perder todo o material gravado inicialmente.Así pois, dobre mérito para unha peza na que o proceso da rodaxe fusiónase coa propia experiencia vivida: ”Non hai enganos, como escribía Chéjov. O espectador sabe – case - todo dende o principio. Dende o primeiro encadre entende que Puri traballa nunha funeraria. Dende o título o espectador sabe que o filme vai sobre unha chamada. Non sabemos cando vai ocorrer. Pero tampouco é unha verdadeira sorpresa. Puri está afeita convivir con isto. Antes ou despois chegará. Quixen documentar e trasmitir esa mesma sensación de incerteza ao espectador. A nosa gravación pasou tamén por ese camiño, en equilibrio na corda frouxa. Como equilibristas, conscentes dos pasos que iamos gravar pero á vez sabíamos que, en calquera momento, podería chegar esa chamada impoñendo o seu definitivo final cut ao noso traballo." Así pois, vivamos o presente e agardemos con Puri e a cámara de Simone mentres gozamos destes cinco minutos intensos e fermosos de vida.
Fotografías de Cesar Galdo e Gabriel Tizón.
Como non puido asistir á estrea da Chanfainalab na Casa de Cultura de San Sadurniño, o cineasta enviounos este videosaúdo dende Berlín:

  • "A chamada"

  • Simone Saibene na 5ª chanfainalab

  • Simone na charla introductoria c@s cineastas

  • Amaro Rúa na charla introductoria

  • Amaro e @s cineastas

  • Simone ao fondo na visita por Sansa

  • Simone dandolle duramente ao sacho plantando o castiñeiro da 5ª Chanfaina

  • Simone plantando o castiñeiro

  • Simone e Amaro na foto oficial da 5º Chanfainalab

  • Simone e Amaro na "eira de cineastas"

  • Simone no cimeterio de Igrexafeita

  • Simone e Amaro no cemiterio de Igrexafeita

  • Amaro Rúa gravando sons

  • Simone gravando no cimeterio de Igrexafeita

  • Simone e Amaro no cemiterio de Igrexafeita (2)

  • Puri agardando na súa casa

  • Simone no cemiterio de Igrexafeita (2)

  • Amaro Rúa gravando sons en Igrexafeita (2)

  • Simone envia un saúdo dende Berlín na estrea mundial de "A Chamada"

  • Na espera da chamada

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: empresas de servizos, Igrexafeita, oficios, vídeos, visitantes, Chanfaina'Lab

Autor/a: Simone Saibene

Vídeos:
9 ondas (trailer)
Pelerinaxes (trailer)
Coma ventos fuxidos
Os forasteiros (videoclip)

Compartir en: