Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

Foto Hermida

lJesús Hermida naceu en San Román de Cedeira en 1939; comezou a traballar de fotógrafo aos 14 anos (arredor de 1953) co seu irmán maior e Prudencio Bellas de Mera de Abaixo (Ortigueira) que ia a facer fotos ás feiras de Moeche e instalouse logo cun estudo propio na vila de Ortigueira.

Jesús traballou ambulante, a pé, cunha bicicleta e unha moto sucesivamente polas aldeas dos concellos de Cedeira, Somozas, Cerdido, San Sadurniño, Valdoviño e as parroquias de Doso e Pedroso de Narón. Ainda conserva as diferentes máquinas coas que foi traballando polos pobos, a primeira foi unha Valda francesa. Entre os traballos que mais facía estaban os retratos individuais para os DNI, Retrato de grupos de mozos  dun lugar nas tardes de paseo das festas, feiras e procesións da comarca; laboures agrícolas, xente sementando as patacas, segando ou mallando; os curas da comarca, comendo logo dos funerais e a todos coas motos Lambretta e Vespa que foron mercando como fixo D José Gavín de San Sadurniño, mais matouse con ela nun accidente.. e Jesús Hermida vendeu moreas de fotos do finado cura coa súa moto no estanco do pobo. As pandillas de mozos e parellas bailando, mais tamén retratos dos carteristas que pillaba a Garda Civil de As Somozas nas feiras ou retratos de mulleres nenos e vellos para os emigrados en América ou Europa...

Fotografías en Fálame de San Sadurniño