Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

hortas


TEÑO UNHA HORTA EN SAN SADURNIÑO
O proxecto quere difundir e compartir o coñecemento e a experiencia das mulleres en relación cos traballos no campo.
A actividade ponse en marcha no ano 2015 desde a Aula Cemit do concello e une alfabetización dixital e audiovisual coa preservación dos saberes da agricultura tradicional. A través de videotutorias na súa canle de Youtube,"Teño unha horta en San Sadurniño" dan a coñecer as labores agrícolas ensinando trucos e tarefas tradicionais. Neste proxecto participan Consuelo Picos, Cruz Piñón, Lucía Pita, Carmen Couce, Carmen Bouza e Carmen Suárez.
Visita as súas hortas:A horta de Consuelo; A horta de Cruz; A horta de Lucita; A horta de Carmiña; A horta de Maruxa

55 historias

Abelao a herba milagreira

Lucita ensínanos unha herba milagreira, o abelao, tamén chamado hipérico, hipericón, corazoncillo ou herba de San...

Naraío ,2017

Truco para escorrentar caracois

Carmiña móstranos este orixinal truco para protexer a horta dos ataques de caracois e babosas.

Lamas ,2017

Aromáticas e outras herbas de gardar

Consuelo móstranos as herbas aromáticas da súa horta, fálanos das súas aplicacións e das sementes a recoller para...

Igrexafeita ,2017

Sementar, sementarei... liño, trigo e piña

Cruz incansable sementa que sementa... trigo sarraceno, liño e un novo experimento, piña. E fálanos dos beneficios do...

Ferreira ,2017

Cómo cultivar lentellas

Aprendemos con Maruxa cómo cultivar as nosas propias lentellas. Un novo experimento nas hortas de San Sadurniño. Algo...

Lamas ,2017

Cómo sementar xudías de mata baixa

Aprendemos con Lucita a sementar xudías de mata baixa ou xudías enanas amarelas.

Naraío ,2017

Cómo cultivar avea

Consuelo móstranos o seu cultivo de avea.

Igrexafeita ,2017

Cómo cultivar allos xigantes

Hoxe toca sementar e recoller "allos xigantes" con Cruz , "allos elefante" ou "allos chilote". Son allos dun gran...

Ferreira ,2017

Como cultivar garbanzos

Aprende con Maruxa a cultivar "garbanzos castellanos" e segue con ela todo o proceso desde sementar ata colleitar.

Lamas ,2017

Aquí hai tomate!: 13 variedades ecolóxicas

Consuelo preséntanos as 13 variedades de tomates ecolóxicos que cultiva na súa horta.

Igrexafeita ,2017

Combatir "a peste" dos tomates con leite

Aprende con Cruz cómo facer un fungicida caseiro con leite para protexer os tomates e outras plantas da horta dos...

Ferreira ,2017

O experimento dos boniatos nas hortas de San Sadurniño.

Cruz, Consuelo, Maruxa, Lucita e Carmiña poñen en marcha unha nova aventura nas hortas de San Sadurniño, sementar...

Lamas ,2017

Falando de patacas...

Maruxa, Consuelo, Carmiña e Cruz falan do problema das patacas e de posibles alternativas ante a prohibición do seu...

Lamas, ,2017

Cómo sementar berenxenas. A horta de Cruz.

Cruz ensina cómo plantar as berenxenas, na súa horta de Ferreira.

Ferreira ,2017

Cómo cultivar cebolas. A horta de Lucita

Lucita amósanos cómo cultiva cebolas na súa horta de Naraío.

Naraío ,2016

Os animais da horta de Consuelo

Consuelo lévanos aos prados de Igrexafeita para ensinarnos os animais da súa horta, as ovellas, as cabras e...

Igrexafeita ,2017

Cómo cultivar puerros. A horta de Cruz

Aprende con Cruz a cultivar os mellores puerros e conservalos todo o ano.

Ferreira ,2017

Teño unha horta en San Sadurniño - Premio Youtubeir@s 2017

O proxecto Teño unha horta en San Sadurniño, ca súa canle en youtube recibiu o premio á "Mellor vídeo-opinarmos"...

Ourense ,2017

"Teño unha horta en San Sadurniño": Mellor webserie VO en galego

O proxecto Teño unha horta en San Sadurniño, co seu canle en youtube Teño unha horta en San Sadurniño recibiu o...

Carballo ,2017

Cómo amasar pan. A horta de Cruz

Aprende con Cruz a facer unha masa de pan, a conciencia... "pa amasar hai que sudar".

Ferreira, San Sadurniño ,2016